Skip to main content
O Vicedo

O Concello do Vicedo sustituirá os xogos do circuito biosaudables de Moledos

Por 26 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello do Vicedo contará cun renovado parque infantil na praia de Moledos, así, sustituirá os xogos do circuito biosaudables existentes xa que se atopan en mal estado polas inclemencias meteorolóxicas.

O Goberno local tamén investirá na mellora do alumeado coa colocación de dez farolas solares na contorna das praias do Vicedo Vello. Ambas actuacións suporán unha inversión de 96.000 euros que sufragará o Concello na súa totalidade. Espérase que estas dúas melloras esten rematadas en pouco tempo.