Skip to main content
Viveiro

O Concurso de Decoración navideña do CCHV xa ten gañador

Por 31 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concurso de Decoración navideña do CCHV xa ten gañador, así, foron fallados os premios para a categoría comercio. O concurso consistía en decorar e ambientar con motivos navideños as fachadas, escaparates e interiores dos locais.

O xurado estaba composto por Marisol Rey Concelleira de comercio, Lola Trasancos do Estudio de deseño de interiores North Desing e Iván Fernandez representante da Directiva do CCHV e artista local.

Valoraron tanto a orixinalidade, como a utilización de elementos da propia actividade comercial, ou a dificultade de elaboración e o resultado global, sen perder nunca de vista de que se trataba dunha ambientación de carácter navideño. Destacaron, ante todo, a gran calidade dos traballos e o esforzo e a involucración dos negocios para dar un ambiente o máis navideño posible ós seus locais. O veredicto estivo moi reñido, nesta edición o xurado tívoo moi complicado.

O gañador foi KODY, e as mencións honoríficas ó segundo e terceiro clasificado respectivamente para Albo Zapaterías e Casa Chao.

A directiva quixo agradecer a todos os negocios a súa participación e o seu esforzo que fai que entre todos Viveiro luza espectacular Nadal tras Nadal

Por outra banda, estes días os negocios asociados ó CCHV seguen repartindo coas compras as rifas para o sorteo de 3 soldos de 1.200euros. “Debido á situación sanitaria actual vémonos obrigados a cancelar o sorteo de forma presencial e mudalo a formato online”, informaron.

“Será igualmente o martes 4 de xaneiro ás 21.00 horas, pero farase nas oficinas do CCHV e será emitido en vídeo a través de todas as nosas redes sociais, publicarase nos medios de comunicación, e informarase ós negocios asociados dos números agraciados que buscan dono para eses 3 premios de 1.200 euros”, engadiron dende a directiva do CCHV.

Son 150.000 números os que puxeron en circulación para este sorteo que ano tras ano congregaba numeroso público na Praza Maior e por este motivo decidiuse cancelar o sorteo presencial e pasalo a formato online.

FESTIVOS

Dentro das aperturas de domingos e festivos, este domingo día 2 o comercio abrirá as súas portas en horario especial de festivos de 11 a 14 e de 17 a 20 horas, para que os clientes poidan realizar aquí as últimas compras de Reis, sen ter necesidade de desprazarse e de evitar retrasos cós agasallos.