Skip to main content
Axenda Caducada

O Club Piragüismo Cidade de Lugo organiza un curso de esquimotaxe

Por 1 decembro, 2021decembro 5th, 2021Sin comentarios

O Club Piragüismo Cidade de Lugo organiza o primeiro curso de esquimotaxe da tempada e terá lugar o vindeiro día 5 de decembro na piscina olímpica de Lieiro en Cervo.

Os seguintes cursos serán o 16 de xaneiro e o 20 de febreiro de 2022 e cada curso constará de 6 horas, 3 horas pola mañá e 3 pola tarde.

Como requisitos informan que é impresecindible saber nadar 50 metros, levar bañador, gorro de piscina, camiseta, chanclas e toalla. Avaliarase o nivel dos participantes ao principio da actividades xa que se desenvolverá en grupos reducidos.

Para participar será necesario anotarse no seguinte enlace.