Skip to main content
Axenda Caducada

A Asociación Saúde Mental A Mariña organiza unha exposición en San Cibrao

Por 1 Decembro, 2021Decembro 31st, 2021Sin comentarios

A Asociación Saúde Mental A Mariña organiza unha exposición na casa da cultura de San Cibrao. Esta mostra de artesanía poderase visitar ata o 31 de decembro en horario de 9.00 a 15.00 horas.

A mostra conta con pezas elaboradas a man polos usuarios dos dispositivos complementarios de atención á saúde mental de Ribadeo, Burela e Cervo.

Mañá será a inauguración que contará cunha invitada moi especial, María Tajes Alonso, xefa do servizo de Saúde Mental e Asistencia a Drogodependencias.