Skip to main content
Axenda Caducada

Castro organiza un obradoiro de educación sexual para pais

Por 3 decembro, 2021decembro 16th, 2021Sin comentarios

A casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea acollerá o día 16 de decembro un obradoiro de educación emocional e sexual dirixido a nais e pais e organizado polo servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.

A formación terá lugar entre as 17.00 e as 18.30 horas e ten como obxectivo crear un espazo seguro para poder falar das dúbidas, preocupacións e dificultades da crianza sen sentimentos de culpa ou xuízos de valor; ademais de dotar de coñecementos básicos para a educación sexual e contrución de ferramentas que axuden na xestión diaria da educación de fillos e fillas. Estará impartido polo Centro Querote+ de Lugo.

A inscrición pode realizarse no mail prevenciondrogas@rabade.org remitindo nome e apelidos, enderezo, teléfono e DNI.