Skip to main content
Axenda Caducada

O día 11 inaugurarase o monolito de Víctor Corral no Paseo dos Soños

Por 4 Decembro, 2021Decembro 11th, 2021Sin comentarios

O escultor chairego Víctor Corral convertirase oficialmente o día 11 no titular do XV Hectómetro Literario que se coloca no Paseo dos Soños, tal e como se anunciara por parte da organización.

O acto oficial desta distinción terá lugar ás 12.00 horas  cunha táboa redonda no Muíño do Rañego coa participación de Alfonso Blanco Torrado, Noemí Díaz Corral, Eduardo Pérez Baamonde e Xulio Xiz Ramil.

A continuación terá lugar un percorrido polo Paseo dos Soños e ás 14 horas un xantar. Para apuntarse a este xantar haberá que reservar no teléfono 646413890.

Foi o mesmo escultor o que fixo o hectómetro que o representará no Paseo dos Soños, unha pomba, que é un dos emblemas da súa obra.