Skip to main content
Axenda Caducada

O Grupo Xacobeo Sarria organiza unha nova excursión a Portugal

Por 6 Decembro, 2021Decembro 12th, 2021Sin comentarios

O Grupo Xacobeo Sarria organiza unha nova excursión a Portugal.

Nesta ocasión o Grupo Xacobeo levará aos veciños ata Braga e ao Belén Vivente de Priscos.

A excursión realizarase o día 12 de decembro e pode reservarse a praza ata o día 9 de decembro. O prezo será de 45€ e inclúe desprazamento, xantar, entrada ao Belén e seguros.

Pola mañá visitarase a cidade de Braga, coñecida como a Roma portuguesa para o desfrute da súa riqueza monumental e da decoración de nadal.

Pola tarde haberá unha visita ao Belén vivente máis grande de Europa, o “Presepio de Priscos”.

Debido á situación actual é obrigatorio levar o Certificado Covid para a visita.