Skip to main content
Axenda Caducada

Foz acolle unha reunión informativa e una manifestación sobre os eólicos

Por 8 Decembro, 2021Decembro 11th, 2021Sin comentarios

A plataforma Eólicos na Mariña, así non, decidiu unirse á xornada de protesta convocada pola rede galega Eólicos así non  que se vai celebrar en toda Galicia o sábado día 11 de decembro coincidindo có Día das montañas.

Na comarca da Mariña celebraremos unha concentración en FOZ, o sábado 11 de decembro, diante do Concello, ás 12:00 da mañá.

Con esta xornada reivindicativa queremos expresar unha vez máis o noso rexeitamento a este modelo enerxético baseado en macro parques eólicos, xestionados por grandes empresas do sector, cuxos beneficios empresariais prevalecen sobre os intereses dos cidadáns, mentres que o medio rural sofre un dano moi significativo, así como os seus moradores que se ven na obriga de perpetuar o éxodo que xa padecen.

A todo isto hai que sumar o deterioro medioambiental e a perda de patrimonio cultural.

Queremos unha transición sustentable, racional e pública, que protexa os valores do territorio, a saúde das persoas e a posta en marcha de políticas que garantan o retorno social e económico destes proxectos.

Por estes motivos convocamos a toda a xente con sensibilidade social e ambiental a participar nesta concentración a prol dunha produción xusta e na defensa da conservación da paisaxe e do patrimonio humano e natural.