Skip to main content
Axenda Caducada

Xornada de portas abertas nas novas casas do maior de Riotorto

Por 9 Decembro, 2021Decembro 12th, 2021Sin comentarios

O Concello de Riotorto porá en marcha o día 15 de este mes dúas casas do maior, que funcionarán como centro de día con unha capacidade para 10 persoas.

Para presentar estes dous centros, este domingo terá lugar unha xornada de portas abertas, na que as persoas maiores interesadas poderán visitas as novas instalacións.

As dúas casas, situadas fronte a gasolineira local, levan o nome de Pobo de Miranda I e II. Será un servizo gratuíto para os veciños e só pagarán aqueles que coman non centro, cinco euros. Terá un horario de apertura de 9 a 17 horas.

Esta iniciativa de dúas emprendedoras da vila contou coa subvención da Xunta de Galicia para o acondicionamento do centro.

As persoas que poden beneficiarse deste servizo teñen que ter recoñecida a dependencia en grado I ou II e ser maior de 60 anos de idade sen dependencia recoñecida.

Aqueles interesados en entrar nestas casas do maior deberán acudir a Servizos Sociais do Concello para tramitar a correspondente solicitude en horario de 9 a 14 horas.