Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan unha charla sobre autismo en Vilalba

Por 9 Decembro, 2021Decembro 11th, 2021Sin comentarios

A psicóloga Marlene Horna imparte este sábado, 11 de decembro, na casa da cultura de Vilalba unha charla sobre o autismo no ámbito escolar.

A xornada terá unha primeira sesión de mañá de 10.00 a 14.00 horas e continuará pola tarde de 15.30 a 18.30 horas.

A actividade está organizada polo centro terapéutico Mondo e conta coa colaboración do Concello de Vilalba.

O obxectivo desta formación é dar a coñecer o autismo, comprendendo ás persoas e tratando de poñese no seu lugar, as condutas problemáticas, as estratexias de apoio e adaptación, os exames, os deberes e as relacións cos compañeiros entre outras.