Skip to main content
Axenda Caducada

O Museo do Castro de Viladonga abre unha semana dedicada a escolares

Por 12 Decembro, 2021Decembro 16th, 2021Sin comentarios

O Museo do Castro de Viladonga inicia este luns 13 a semana cultural dirixida a escolares.

Así, durante toda a semana estará presente no centro Paula Carballeira Cabana, escritora, narradora oral e actriz galega que levará os contacontos a un grao maior de formación. Ofrecerá sesións os días 15 e 16 ás 10.30, 11.30 , 12.00 e 13.00 horas dirixidas principalmente a pequenos de educación infantil. 

Con esta actividade, o alumnado desfrutará tamén dunha visita ao castro onde de seguro poderá imaxinar mais dunha aventura.

Os interesados en anotarse poden facelo no teléfono 982 870 160.