Skip to main content
Axenda Caducada

A parroquia vilalbesa de Árbol terá a súa festa infantil de Nadal

Por 14 Decembro, 2021Decembro 18th, 2021Sin comentarios

A parroquia vilalbesa de Árbol celebrará este sábado, 18 de decembro, unha festa de Nadal na Escola do Santo.

Papá Noel visitará San Lorenzo e ás 17.00 horas terá lugar a actuación do Mago Fon.

Ademais, haberá chocolate con biscoito gratis para os asistentes e a sesión estará amenizada por Cerna.