Skip to main content
Axenda Caducada

A Fonsagrada ofrece unha clase dirixida de ioga de maneira gratuíta

Por 13 Decembro, 2021Decembro 15th, 2021Sin comentarios

Este mércores ás 20.15 horas terá lugar no Antigo IES unha clase de proba para a actividade de Ioga.

O concello de A Fonsagrada pon a disposición dos veciños unha clase dirixida de ioga de balde para que os interesados poidan probar a actividade e valorar si queren apuntarse as que ofertan durante todo o ano.

As inscricións deberán realizarse mandando un correo a actividadesfonsagrada@gmail.com indicando nome, apelidos e número de teléfono.

A realización do ioga mantén á persoa nun bo estado de saúde debido a que axuda a reducir a presión arterial e a frecuencia cardíaca, promove a relaxación, mellora a confianza en un mesmo, reduce o estrés, mellora a coordinación e concentración, axuda a descansar máis ao durmir mellor e ademais apoia o proceso de dixestión.

Tamén se trata dun momento de ocio no que os veciños poden facer parroquia e pasar un bo rato dunha maneira saudable coa realización de deporte.