Skip to main content
Axenda Caducada

Riotorto organiza unha viaxe a Xuvenlugo para o día 29

Por 19 Decembro, 2021Decembro 29th, 2021Sin comentarios

Un ano máis, o Concello de Riotorto organiza unha viaxe para nenos e nenas ao espazo infantil Xuvenlugo no Nadal prevista para o mércores 29 de decembro con saída do colexio ás 15.30 horas.

As actividades diríxense a rapaces e rapazas de entre 2 e 16 anos e terán que ir acompañados dun adulto.

Os interesados e interesadas poden contactar co Concello para inscribirse e coñecer máis detalles antes do 25 de decembro. O prezo da viaxe é de 10 euros por persoa para os acompañantes xa que os pequenos irán gratis. O horario de apertura de Xuvenlugo é de 16.30 a 21.00 horas.