Skip to main content
Axenda Caducada

O espectáculo musical Soñando inventei, chega á Casa Habanera de Guitiriz

Por 29 Decembro, 2021Xaneiro 2nd, 2022Sin comentarios

Este domingo, 2 de xaneiro, ás 18 horas a Casa Habanera acollerá o espectáculo musical ‘Soñando inventei’, de Jorge Juncal (música) e María Faltri (voz e interpretación). Unha peza de 45 minutos, de libre acceso ata completar aforo, incluída dentro da programación de Nadal municipal e dirixida a todos os públicos.

‘Soñando inventei’ é un espectáculo musical no que a través da escolla de cancións se traballa o tema da diversidade e a igualdade de xénero. As cancións que se interpretan forman parte do libro disco “Fantasía coas palabras” publicado pola editorial Galaxia. Con esta aventura empréndese unha viaxe emocional ao centro dos soños, unha proposta onírica e valente que mestura música e poesía para nos falar de personaxes femininas que soñan con sentirse en paz e liberar os seus segredos, personaxes que non queren ser xulgadas polo seu aspecto ou identidade, libres para ser elas mesmas e chegar a tocar a lúa.