Skip to main content
Axenda Caducada

Paradela acollerá hoxe o espectáculo ‘Contos de Boa Xente’ de Avelino González

Por 30 Decembro, 2021Sin comentarios

Avelino González aterriza no Concello de Paradela hoxe, xoves 30 de decembro, para representar o seu espectáculo Contos de Boa Xente. Esta será unha gran oportunidade para despedir o ano cun rato de lecer, ocio e risa. Axudará a que cada un se evada das súas preocupacións persoais para pasar un rato agradable.

A obra dará comezo ás 18.00 horas no centro sociocultural Manuel Rodríguez Oreste.

Este é un espectáculo de contos, historias e anécdotas cheas de humor para afastar o enfado e a cólera e sacar de nós a bondade que parecen pedir unhas festas familiares e de tanta tradición. E, como o Nadal non é só cousa de nenos, esta proposta está dirixida preferentemente a público adolescente e adulto (a partir de 14 anos).

AVELINO GONZÁLEZ
Actor, narrador oral, director e tradutor de teatro. É especialista en animación de rúa. Traballou en televisión actuando en series como Serramoura, Pazo de Familia, Padre Casares, Cuéntame ou Seis hermanas. Ademais, tamén fixo diferentes traballos para cine e series web. En teatro foi merecedor de varios premios por obras como Bicos con Lingua ou Comedia.

RECOÑECEMENTOS
Avelino González ten na súa traxectoria profesional premios como:
Premio Max ó mellor autor en galego.
Premios María Casares ó mellor texto orixinal.
Premio María Casares ó mellor texto traducido.
Premio Compostela ó mellor espectáculo.
Premio do Público de Alicante e Premio Compostela mellor actor secundario (compartido) por distintos espectáculos.