Skip to main content
Portomarín

O Concello de Portomarín estrea parque infantil adaptado

Por 1 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Portomarín rematou as obras de ampliación no parque infantil que se encontra no interior do parque dos Parabéns. O importe desta nova remodelación é de 47.330 euros. Trátase dunha ampliación da zona infantil pero con xogos adaptados aos máis pequenos.

O Parque dos Parabéns acadou este nome despois de recibir o Premio Galicia Parabéns no ano 2018 despois de coidar a paisaxe e protexer o seu patrimonio.

Esta remodelación enmárcase no programa de melloras de infraestruturas para os veciños do Concello fomentando o xogo ao aire libre e a relación entre os veciños.