Skip to main content
Uncategorized @gl

Dispárase a hospitalización na UCI pola covid

Por 2 Decembro, 2021Sin comentarios

Continúa o aumento de casos activos respaldado nesta ocasión por unha maior incidencia na hospitalización, en especial na UCI.

Hoxe hai 573 casos activos, 25 máis que onte, cun rexistro de 52 novos positivos e 25 altas. Onte houbo 58 máis, con 73 novos contaxios e 14 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.754 casos rexistrados e 256 persoas falecidas, unha delas nesta sexta vaga.

A presión dispárase de súpeto. Agora hai tres ingresados na UCI de Lugo, 2 máis que onte, e 6 pacientes en planta (1 máis), 3 no Hula, 2 na Mariña e 1 en Monforte.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

As localidades máis poboadas seguen sumando positivos mentres novos concellos certifican algún caso. Destaca especialmente A Ribeira Sacra, onde só Bóveda está limpo de covid. Adeamais, na zona centro só 4 concellos non teñen positivos. En terras sarrianas, só a capital e o Incio teñen enfermos mentres en Terra Chá e A Mariña a situación permenece estable.

A Mariña

  • Viveiro reduce a 16 casos (1 menos).
  • Ribadeo mantense con 21 enfermos.
  • Foz volve situarse con 10 casos.
  • Por debaixo de 10: Barreiros, A Pontenova, Burela, Trabada e Lourenzá.
  • Unha semana sen casos: Mondoñedo, Alfoz e O Vicedo. Únense Xove e O Valadouro.
  • Máis de quince días limpos: Cervo, Ourol e Riotorto.

Terra Chá

  • Vilalba sobe a 30 contaxiados (7 máis).
  • Outeiro de Rei reduce a 16 enfermos (3 menos).
  • A Pastoriza sobe a 12 casos (1 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Friol, Castro de Rei e As Pontes.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Begonte, Meira, Xermade e Pol.
  • Máis de quince días limpos: Abadín, Cospeito, Muras, Rábade e Guitiriz.

Comarca de Sarria

  • Sarria reduce a 19 casos (1 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: O Incio.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Paradela, O Páramo e Láncara.
  • Máis de quince días limpos: Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • O crecemento en Lugo mantense con 220 contaxios (7 máis).
  • As Nogais segue con 10 positivos.
  • Ribeira de Piquín, Monterroso e Palas volven ter casos.
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Baralla, Portomarín, Castroverde, Guntín, Cervantes e Navia de Suarna.
  • Ente 1 semana e 15 días sen casos: Antas e Pedrafita.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá e Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • En Chantada soben a 36 contaxios (2 máis).
  • Monforte segue con 22 casos.
  • O Saviñao segue con 18 enfermos.
  • Taboada sitúase con 11 contaxios
  • Por debaixo de 10 contaxios: Carballedo, Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón, Sober, Pantón, Ribas de Sil e Quiroga.
  • Máis de quince días limpo: Bóveda.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.