Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid supera os 600 casos activos

Por 4 Decembro, 2021Sin comentarios

A covid continúa rebasando límites cun constante aumento que se reflicte tamén na hospitalización.

Hoxe hai 619 casos activos, 32 máis que onte, cun rexistro de 65 novos positivos e 33 altas. Onte houbo 14 máis, con 50 novos contaxios e 25 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.869 casos rexistrados e 256 persoas falecidas, unha delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria continúa en aumento. Hai xa catro ingresados na UCI de Lugo (1 máis) e 8 pacientes en planta (1 máis), 4 no Hula, 2 na Mariña e 2 en Monforte (1 máis).

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

A comarca da Ribeira Sacra continúa cunha importante incidencia da covid en todos os concellos. No resto de comarcas a situación está estable nas zonas menos poboadas mentres nas grandes vilas aumentan os positivos.

A Mariña

  • Viveiro reduce a 14 casos (1 menos).
  • Ribadeo sobe ata 24 enfermos (3 máis).
  • Cervo e Alfoz volven ter algún caso.
  • Por debaixo de 10: A Pontenova, Burela, Trabada, Lourenzá, Foz e Mondoñedo.
  • Unha semana sen casos: O Vicedo, Xove, O Valadouro e Barreiros.
  • Máis de quince días limpos: Cervo, Ourol e Riotorto.

Terra Chá

  • Vilalba sobe a 34 contaxiados (1 máis).
  • Outeiro de Rei suma de novo ata 17 enfermos (2 máis).
  • A Pastoriza mantén 12 casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Friol, Castro de Rei, As Pontes e Xermade.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Meira e Pol.
  • Máis de quince días limpos: Abadín, Cospeito, Muras, Rábade e Guitiriz. Únese Begonte.

Comarca de Sarria

  • Sarria suma 1 ata 20 casos.
  • Paradela volve ter algún enfermo.
  • Por debaixo de 10 contaxios: O Incio e Láncara.
  • Máis de quince días limpos: Samos e Triacastela. Únese O Páramo.

Centro da provincia

  • O crecemento en Lugo continúa avanzando sen freo ata 229 contaxios (10 máis).
  • Becerreá volve ter casos.
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Portomarín, Castroverde, Guntín, Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Monterroso, Palas, As Nogais e Antas.
  • Ente 1 semana e 15 días sen casos: Pedrafita. Únense Cervantes e Baralla.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baleira e Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • Carballedo: 11 positivos.
  • Chantada: 38 contaxios (1 máis).
  • Folgoso do Courel: 13 (3 máis).
  • Monforte: 30 casos (3 máis).
  • O Saviñao: 23 enfermos (4 máis).
  • Taboada: 15 contaxios.
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Pantón, Ribas de Sil e Quiroga.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.