Skip to main content
Uncategorized @gl

A hospitalización aumenta e os casos novos quedan por debaixo de 50 diarios

Por 7 Decembro, 2021Decembro 8th, 2021Sin comentarios

O crecemento da covid mantense estable con menos de 50 casos novos diarios e un aumento constante dos casos activos e dos contaxios pero lonxe das cifras da vaga anterior.

Hoxe hai 679 casos activos, 29 máis que onte, cun rexistro de 47 novos positivos e 18 altas. Onte houbo 5 máis, con 44 novos contaxios e 39 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 21.008 casos rexistrados e 256 persoas falecidas, unha delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria continúa subindo. Hai cinco ingresados xa na UCI de Lugo e 7 pacientes en planta (1 máis), 4 no Hula (1 máis), 2 na Mariña e 1 en Monforte.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

A tendencia mantense no resto de concellos mentres na Ribeira Sacra os contaxios seguen aumentando.

A Mariña

  • Viveiro reduce a 10 casos (1 menos).
  • Ribadeo mantén 28 enfermos.
  • Barreiros e O Valadouro volven ter casos.
  • Por debaixo de 10: A Pontenova, Burela, Trabada, Lourenzá, Foz, Mondoñedo, Cervo e Alfoz.
  • Unha semana sen casos: O Vicedo e Xove.
  • Máis de quince días limpos: Ourol e Riotorto.

Terra Chá

  • Vilalba sobe a 45 contaxiados (3 máis).
  • Outeiro de Rei mantén 17 enfermos.
  • As Pontes suma 2 máis ata 14 casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Friol, Castro de Rei, Xermade, A Pastoriza e Abadín.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Pol.
  • Máis de quince días limpos: Cospeito, Muras, Rábade, Guitiriz, Begonte e Meira.

Comarca de Sarria

  • Sarria reduce 1 ata 19 casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: O Incio, Láncara e Paradela.
  • Máis de quince días limpos: Samos, Triacastela e O Páramo.

Centro da provincia

  • Lugo reduce de novo contaxios con 221 (1 menos).
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Guntín, Ribeira de Piquín, Monterroso, Palas, As Nogais, Antas e Becerreá.
  • Ente 1 semana e 15 días sen casos: Cervantes, Baralla, Castroverde e Portomarín. Únese Navia de Suarna.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baleira e Negueira de Muñiz. Únese Pedrafita.

Ribeira Sacra

  • Carballedo: 12 positivos (1 máis).
  • Chantada: 50 contaxios (5 máis).
  • Folgoso do Courel: 15 (1 máis).
  • Monforte: 39 casos (1 máis).
  • O Saviñao: 35 enfermos (4 máis).
  • Quiroga chega a 12 casos (1 máis).
  • Taboada: 22 contaxios (1 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Pantón e Ribas de Sil.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.