Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca TERRACHÁXA

Adamo lanza unha oferta de Nadal

Por 5 Decembro, 2021Sin comentarios

Adamo segue profundando na súa política de favorecer ao usuario con novos descontos. Nesta ocasión, ademais, ofrecendo a posibilidade de escoller a modalidade que mellor se adapte a cada perfil: o cliente pode elixir entre 136 euros de desconto ou levar gratis un Oppo A15 ao contratar paquetes de fibra+móbil ou fibra+fixo+móbil con 25 GB ou superior. No caso dos packs de 10 GB, o cliente poderá gozar da rebaixa económica.

Se se opta pola primeira vía, o desconto aplicarase a cambio dun pack con 25 GB ou superior. Mentres que se o cliente prefire a segunda, leva un smartphone valorado en 139 euros sen desembolso algún ao darse de alta nesas mesmas modalidades.

Ata o 9 de xaneiro

Esta campaña do Nadal está vixente desde o pasado 1 de decembro e permanecerá activa, ao dispor de calquera interesado, en todas as canles de distribución do operador (tendas físicas, telesales, web e D2D) ata o 9 de xaneiro.

Por se a oferta non fose suficientemente zumarenta de seu, Adamo inclúe nela a instalación sen custos adicionais dun router wifi de Amazon cos packs de fibra e de fibra con móbil de 1.000 Mb. Trátase do wifi máis potente que existe hoxe, alcanzando o aparello un valor de mercado de 140 euros, cunha cobertura de 140 m², que se integra en Alexa e que é compatible con máis de 75 dispositivos, entre eles, Apple Homekit.

A promoción inclúe, como é habitual en Adamo, a fibra óptica máis rápida que existe na actualidade no mercado (1.000 Mb) en todas as categorías (só Internet, Internet+fixo, Internet+móbil ou Internet+fixo+móbil).

SOBRE ADAMO

Adamo, con sede en Barcelona, é un operador de vocación nacional, pero cun enfoque de negocio rexional e local. Presente no mercado español desde 2007, a compañía dá prioridade ás áreas rurais e ás novas zonas urbanas cunha alta densidade de poboación, proporcionando a fibra óptica máis rápida do mercado (1.000 MB). O seu actual plan de expansión foi potenciado o pasado mes de xullo con 600 millóns de euros. Así mesmo, Adamo é o principal adxudicatario do Programa de Banda Ancha a Nova Xeración (PEBA- NGA 2020-2022), financiado polo Estado e a UE, recibindo 80 millóns en subvencións para levar Internet de alta velocidade a preto de 500.000 fogares situados en zonas rurais de 20 provincias. Grazas a contar con infraestrutura propia, ademais da internet, Adamo proporciona aos clientes telefonía fixa e móbil, así como servizos para o mercado empresarial e almacenista.