Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

A Deputación realizou máis de 60 acción para impulsar o turismo

Por 3 decembro, 2021Sin comentarios

O Consello Provincial de Turismo celebrou este xoves a última reunión do ano no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos, unha sesión na que se deu conta das accións realizadas pola área de Turismo ao longo deste 2021.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, abriu a sesión recalcando que as máis de 60 accións postas en marcha pola Deputación de Lugo no 2021 en materia de turismo tiñan o obxectivo prioritario de apoiar ao sector turístico “como un sector estratéxico para a nosa provincia”. Neste sentido García Porto expuxo que traballouse para “axudar na súa recuperación fronte ó impacto que as restricións pola pandemia tiveron na súa actividade, e facelo impulsando un modelo de turismo de calidade e sostible, non masificado, de experiencias, na natureza, que pon en valor o patrimonio, un modelo no que levamos traballando dende hai moito tempo, pero que, precisamente, se viu revalidado coa chegada da pandemia”.

Entre as diferentes accións levadas a cabo polo servizo de Turismo da institución provincial destacan programas como Saborea a túa provincia e Coñece a túa provincia, centrados no turismo de proximidade; o programa de ocio Actívate; as rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra ou as diferentes actividades vinculadas á Ruta Transrománica. Iniciativas que se combinaron cos patrocinios de grandes eventos deportivos como La Vuelta Ciclista, a Gold River Race ou a participación do piloto monfortino Eduardo Iglesias no Dakar 2021; e audiovisuais como a película Live is Life do cineasta Dani de la Torre.

Órgano participativo e consultivo

O Consello Provincial de Turismo é un órgano participativo e consultivo creado pola Deputación para promover accións en impulso do destino turístico da provincia. Forman parte deste organismo 21 persoas relacionadas co turismo da provincia representando a asociacións, entidades e institucións, co obxectivo de favorecer a gobernanza turística.