Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

O Grupo Lence e a UNED de Lugo firman un convenio para as prácticas universitarias

Por 17 Decembro, 2021Sin comentarios

A ceo do Grupo Lence, Carmen Lence, e a directora da UNED de Lugo, Ana Traseira, asinaron tres convenios de prácticas para a formación dos estudantes da universidade lucense.

Estes convenios, que poñen de manifesto o compromiso deste grupo empresarial coa formación dos lucenses, permitirán que alumnos da UNED de Lugo non teñan que desprazarse a outros centros limítrofes para realizar prácticas obrigatorias de laboratorio, que pasarán a desenvolverse nas dependencias da factoría Ceao 2. Tamén, permitirán a estudantes doutras titulacións levar a cabo prácticas curriculares e extracurriculares na sede do grupo empresarial.

A colaboración é un dos valores do Grupo Lence: “colaboramos cos nosos equipos, provedores, clientes e, como non, con Institucións como a UNED. Estamos moi orgullosos de achegar as nosas instalacións para a formación de futuros profesionais”, declarou Carmen Lence.

A directora agradece a Carmen Lence, CEO do Grupo Lence, a súa sensibilidade e compromiso coa formación universitaria dos lugueses e manifestou a importancia deste acordo, posto que este ano será o primeiro que se poida ofertar este servizo ao alumnado. Ademais, incidiu na importancia de establecer sinerxías co tecido empresarial lugués, co que a entidade lucense ten un compromiso firme a nivel económico, social e medioambiental.

Tamén, se trataron outros temas como o proxecto #LugoNaturalMente, que obtivo catro distincións nacionais en materia de sostibilidade no último ano e que ten tres eixos principais de actuación como son a loita contra o cambio climático, a posta en valor do patrimonio natural e ambiental da provincia e divulgación e promoción dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 da ONU.

Ambas entidades manifestáronse moi satisfeitas co acordo e xa están a estudar novas vías de colaboración.

Sobre o Grupo Lence

O grupo Lence, con sede en Lugo, ten a súa principal área de actividade na industria de alimentación, comercializando produtos lácteos a través de varias marcas propias, entre elas Leyma e Rio de Galicia.

Conta con tres plantas de produción e ten nestes momentos un persoal de 165 persoas en Galicia. É a sexta produtora de España en comercialización de leite UHT, 100% galega, sendo a terceira compañía en volume de compra de leite en Galicia. Traballa diariamente con 450 explotacións gandeiras do rural galego, o 75% dun tamaño mediano e pequeno. Como segunda liña de traballo, conta con outras compañías dedicadas ao transporte, gasolineiras e hostalaría.