Skip to main content
Antas de Ulla

Novas infraestruturas sanitarias en Antas de Ulla no 2022

Por 28 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Antas de Ulla contará cun novo centro de saúde que terá máis capacidade. Xa está adxudicado o proxecto e o orzamento do ano 2022 reserva un total de 400.000 euros para a licitación da obra.

Despois de que se aprobase o pasado 18 de marzo a aceptación da parcela cedida polo Concello para executar un edificio de 850 metros cadrados que case triplicará en superficie ao actual, de 317.

A empresa adxudicataria tivo que presentar un plan funcional, cun deseño que contara con consultas máis espazosas e cunha sala polivalente que na actualidade non existe. O novo ambulatorio disporá de dúas consultas de medicina, dúas de enfermería, unha polivalente, unha de toma de mostras e unha sala de xuntas.

RESIDENCIA DE MAIORES
Alberto Núñez Feijoo aproveitou a súa visita aos apartamentos tutelados para anunciar unha nova actuación no Concello. Procederase á construción dunha infraestrutura sociosanitaria que vai dar paso a unha residencia completa, pasando de 16 a 58 prazas. Trátase dun investimento do Goberno galego de máis de tres millóns de euros para unhas obras que durarán 18 meses e que comezarán en 2022.