Skip to main content
Castroverde

Castroverde contará cun mercado de Nadal o 19 de decembro

Por 1 Decembro, 2021Sin comentarios

O vindeiro domingo 19 de decembro o Concello de Castroverde celebrará o V Mercado de Nadal. O horario será de 11.00 horas a 17.00 horas.

Entre as actividades que se realizarán nesta xornada atópase o sorteo dun polo de curral, haberá un teatriño infantil para os máis pequenos. A Coral de Rábade será a encargada de dar un concerto de panxoliñas.

Ademais, aproveitarase esta data para a presentación da Tarta de Castroverde.
O pregón correrá a cargo de Edu Carreira.