Skip to main content
Cervantes

O PP de Cervantes advirte do mal estado da ponte do Mazo

Por 22 Decembro, 2021Sin comentarios

O PP de Cervantes lamenta “a falta de control das obras municipais por parte do goberno local socialista”. Así o manifesta o popular poñendo como exemplo, as obras da ponte sobre unha vía municipal no lugar do Mazo onde xa caeron parte dos elementos empregados para o seu arranxo, unha situación que supón “un perigo para os seus usuarios”.

Santín condena “as deficiencias” desta obra municipal (cofinanciada co Plan Único da Deputación) tendo en conta que “é deber do goberno local velar pola súa correcta recepción; especialmente cando pode supoñer un risco para os veciños”. Ademais, lamenta que se dea esta situación cando “é o primeiro mandato no que os socialistas do goberno local contan con máis asignacións económicas do Concello; pero fanse menos controis das obras e danse peores resultados das actuacións pagadas co diñeiro público de tódolos veciños”.

O popular insta ao goberno local a esixir o arranxo desta ponte á empresa adxudicataria. “As obras aínda están en garantía polo que dende o Grupo Municipal Popular consideramos oportuno e necesario realizar os trámites necesarios para lograr a reparación do mal estado no que se atopa actualmente a ponte co obxectivo de evitar futuras intervencións que supoñan novos investimentos a cargo das contas municipais”. É máis, “tendo en conta o risco para a seguridade dos veciños”, Santín urxe a facer esta xestión “canto antes”.