Skip to main content
O Corgo

Os nenos do Corgo poderán desfrutar de contacontos e campamentos polo Nadal

Por 19 Decembro, 2021Decembro 20th, 2021Sin comentarios

O Concello do Corgo realizará diversas actividades para promover o ocio no Nadal.

Entre estas actividades destaca o Campamento de Nadal que se celebrará do día 27 ao 30 de decembro en horario de 9.00 a 15.00 horas no centro sociocultural do Corgo. Este campamento enmárcase no programa de conciliación da vida familiar e laboral favorecendo unha mellora na calidade de vida das familias. O programa será de carácter gratuíto e está dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos. As inscricións faranse no centro sociocultural ou chamando aos teléfonos 982 302 377 ou 620 731 543 en horario de 9.00 a 13.00 horas.

O día 27 de decembro, tamén no centro sociocultural haberá unha sesión de contacontos “Flipa co nadal” a cargo da compañía Bandullo Azul. Dará comezo ás 12.00 horas. Bandullo Azul é unha compañía de teatro que naceu no ano 2012, está formada polos actores e cómicos Fran Ameixeiras e Fran Campos e, homenaxeando co seu nome ao mítico pioneiro dos títeres galego Barriga Verde.

Xa en xaneiro, o día 3 os nenos do Concello poderán asistir ao Xuvenlugo no Pazo de Feiras de Lugo. A entrada custará dous euros por persoa. Pódese adquirir no centro sociocultural ou reservar chamando ao número 620 731 543.

Por último, os Reis Magos de Oriente farán diversas videochamadas aos nenos e nenas que así o soliciten para darlles unha sorpresa antes da súa chegada. Para poder recibir a devandita chamada hai que anotarse na web www.nadalocorgo.com antes do 31 de decembro.