Skip to main content
A Fonsagrada

Mañá abre o prazo de preinscrición para as actividades para adultos da Fonsagrada

Por 9 Decembro, 2021Decembro 11th, 2021Sin comentarios

Este venres abre o prazo para as actividades para adultos que terá lugar no concello de A Fonsagrada durante os meses de xaneiro a xuño de 2022. Entre as actividades que se ofertan atópanse ioga, pilates, reforma de mobles, ganchillo e meditación.

As inscricións poden realizarse ata o día 27 de decembro unicamente ao correo electrónico actividadesfonsagrada@gmail.com.

Pilates: Terá lugar no Antigo IES luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas. As clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas.

Ioga: Será no Antigo IES os luns e mércores de 20:15 a 21:15 horas. As clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas.

Reforma de mobles: Terá lugar na Aula Verde os sábados de 10:00 a 13:00 horas. As clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 10 persoas. O custe trimestral do material é de 85€. O pago do material abonarase directamente ao docente.

Ganchillo: Ofrecerase no Antigo IES os martes de 17:00 a 19:00 horas. As clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas. O custe inicial do material é de 50€. O pago do material abonarase directamente á docente.

Meditación: Terá lugar no Antigo IES os xoves de 20:15 a 21:15 horas. As clases impartiranse sempre e cando xunten un número mínimo de 15 persoas.

As tarifas para o trimestre son de 60 euros.