Skip to main content
A Fonsagrada

Alba Navarro Sánchez gañadora do XII Certame de Postais do Nadal da Fonsagrada

Por 19 Decembro, 2021Sin comentarios

Alba Navarro Sánchez, alumna de 4º da ESO do IESP Fontem Albei, gañou o XII Certame de postais do Nadal da Fonsgrada. Esta postal foi a seleccionada para felicitar aos veciños e veciñas do Concello durante estas datas.

O xurado baseouse na creatividade e orixinalidade da postal para outorgarlle o premio.

Neste concurso podían participar todos os rapaces que estiveran matriculados no IES Plurilingüe Fontem Albei as postais terían que estar relacionadas con motivos do Nadal e A Fonsagrada quedando excluídos os traballos cuxo contido puidera causar rexeitamento social.