Skip to main content
A Fonsagrada

Xa se pode votar á mellor decoración de fachadas e xardíns de Nadal da Fonsagrada

Por 26 Decembro, 2021Sin comentarios

Xa se pode votar a imaxe que máis guste do Concurso de Decoración de Nadal de Fachadas e Xardíns da Fonsagrada.

O concurso que ten por obxecto promover a participación cidadá do Concello, premiando a decoración que proporcione un mellor ambiente festivo, de forma que sexan atractivos para veciños, veciñas e visitantes.

A temática a desenvolver na decoración tiña que ser exclusivamente relativa ás Festas de Nadal. Os e as participantes tiñan plena liberdade en canto á técnica e estilo de decoración das súas fachadas e xardíns, sempre que a decoración e iluminación non supoña un perigo para os e as viandantes

O xurado será popular a través da rede social Facebook. Os cidadáns poden votar a fotografía que máis agrade facendo clic en “Gústame” nesa imaxe.

O día 7 de xaneiro de 2022 ás 12:00 horas, as 3 primeiras fotografías con máis “Me gusta” terán un premio.

Premios
Os premios serán tres diplomas e as seguintes cantidades económicas en función da clasificación:
1º premio: 150€, 2º premio: 100€ e 3º premio: 50€. Os premios non son acumulables.

Ademais, todos os concursantes recibirán un agasallo por participar