Skip to main content
A Fonsagrada

O Concello da Fonsagrada xa ten escaparates gañadores do certame de Nadal

Por 31 Decembro, 2021Febreiro 21st, 2022Sin comentarios

O xurado do terceiro Certame de Escaparates e Decoración de Nadal para Establecementos acordou que entre todos os negocios, os tres finalistas fosen Eukalpia Shop como Mellor iluminación, Farmacia Manuel Barreira como máis orixinal e Las BBB como mellor ambientación de Nadal.

Os tres negocios recibirán un premio de 300 euros.

Con esta iniciativa, o Concello tiña como obxectivo dinamizar e fomentar o comercio e o sector servizos do municipio. Buscaba poñer en valor a creatividade do pequeno comercio do Concello, premiando aos negocios coa mellor decoración do Nadal e aquel que manteña un mellor ambiente festivo, fomentando as actuacións de promoción e animación que atraian ao público a visitar os negocios do municipio nesta época. Mediante esta campaña conséguese que as empresas sexan atractivas para os visitantes e os veciños visualicen a calidade dos seus produtos e servizos.

Os establecementos que participan no certame estan identificados cun cartele e manterán a decoración de Nadal ata o 7 de xaneiro de 2022.