Skip to main content
Lugo

O Ballet Nacional Ruso interpretará ‘El lago de los cisnes’ no Gustavo Freire

Por 2 Decembro, 2021Sin comentarios

O Ballet Nacional Ruso dirixido por Sergei Radchenko interpretará El lago de los cisnes no Gustavo Freire de Lugo o día 21 de decembro.

A actuación dará comezo ás 20.30 horas e pódese mercar a entrada a través de internet.

A obra transcorre entre o amor e a maxia, enlazando nos cadros de loita entre o ben e o mal. Está protagonizada por Sigfrido, un home namorado de Odette, unha rapaza nova convertida en cisne polo feitizo do malvado Von Rothbart e Odile o cisne negro e filla do bruxo.

Coa música de Tchaikovski, é actualmente un dos máis reputados títulos do ballet mundial.

O Ballet Nacional Ruso é unha gran institución que conta con máis de 50 bailaríns con ampla experiencia e máis de 30 anos actuando nos mellores escenarios de Rusia, México, Arxentina, Xapón, Reino Unido, Estados Unidos, Turquía e Sudáfrica.