Skip to main content
Lugo

Xa se pode visitar a Exposición Itinerante das Reservas da Biosfera de Galicia

Por 3 Decembro, 2021Sin comentarios

A Exposición Itinerante das Reservas da Biosfera de Galicia estará no Museo Provincial de Lugo. Esta exposición elexiu Lugo como cidade para a súa inauguración por ser esta, a provincia co maior número de reservas de Galicia.

Unha exposición, formada por nove paneis informativos e deseñada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural en colaboración co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) que pretende poñer en valor o patrimonio natural, paisaxistico.

A provincia de Lugo ten máis do 60% da extensión declarada Reserva da Biosfera, repartindo este territorio entre as reservas Terras do Miño, Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá ,a reserva do Eo, Oscos e Terras de Burón e a reserva da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, declarada pola UNESCO no ano 2021.

As reservas da Biosfera decláranse pola UNESCO no marco do Programa MaB (Home e Biosfera). A finais de 2012 había 563 reservas en 110 países. Teñen por finalidade harmonizar a conservación do patrimonio natural e cultura, e o desenvolvemiento sostible da súa poboación.

Nelas pódense atopar todos os ecosistemas e todas as culturas do planeta. En España existen 40 das que 5 están en Galicia (Río Eo, Oscos e Terras do Burón, Terras do Miño, Ancares Lucenses, Área de Allariz, e a reserva transfronteiriza Gerês- Xurés).

As reservas son lugares onde se traballa polo mantemento da biodiversidade e da diversidade cultural. Áreas que buscan un desenvolvemento social e económico respectuoso co medio. Zonas que experimentan para conseguir un bo uso dos recursos naturais, culturais e sociais. Sitios onde se fomenta a participación dos cidadáns, a formación e a educación.