Skip to main content
Lugo

A Federación Veciñal de Lugo reclama unha unidade de Ictus completa no HULA

Por 9 Decembro, 2021Sin comentarios

A Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo e a Plataforma en Defensa da Sanidade e das Especialidades do Hula, demandan de novo a creación dunha unidade de ICTUS completa no Hula. Solicitan que se dote ao Hula dun Neuro radiólogo específico para a unidade de Ictus que poida axudar na detección do trombo cerebral e atender os casos de Trombectomía que ata o momento son desprazados a hospitais foráneos.

Reclaman que “Lugo non dispón da unidade de Ictus da que sí desfrutan A Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra. Queremos que se cumpran os requirimentos neste sentido dos profesionais e da OMS”. Galicia sofre arredor de 10.000 Ictus ao ano dos cales 1200 se dan en Lugo. “Tendo en conta que Lugo ten unha poboación dispersa e envellecida, pode ser considerada como de alto risco, tanto por mortalidade como por secuelas evidentes da enfermidade”.

A Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo e a Plataforma en Defensa da Sanidade e das Especialidades do Hula requiren que a unidade inclúa un neurólogo de servizo durante as 24 horas do día de presencia física hospitalaria, un neuro radiológo para o diagnóstico e tratamento, un equipo de enfermaría, unha dotación de monitorización neurolóxica, un servizo de rehabilitación específico e protocolos de acceso rápido e preferente ao hospital e acceso a tac e resonancias de urxencia.