Skip to main content
Lugo

‘Nasrin’ hoxe no Vello Cárcere de Lugo

Por 9 Decembro, 2021Xuño 21st, 2023Sin comentarios

O documental Nasrin proxectarase hoxe ás 20.00 horas no Vello Cárcere.

Este documental de Jeff Kaufman está narrado pola gañadora do Óscar Olivia Colman. A peza desvela a historia de Nasrin Sotoudeh, avogada e activista iraní polos dereitos das mulleres que actualmente cumpre condena por denunciar a obriga do uso do hiyab en Irán.

Nasrin

Este documental foi filmado en Irán por mulleres e homes que se arriscaron a ser arrestados por formar parte desta película. Nasrin é un retrato dunha das activistas dos dereitos humanas e prisioneiras políticas máis valentes do mundo, Nasrin Sotoudeh, e do notablemente resistente movemento polos dereitos das mulleres en Irán. Conta coa participación do aclamado cineasta Jafar Panahi, a premio Nobel da Paz Shirin Ebadi, a xornalista Ann Curry, a activista polos dereitos das mulleres exiliadas Mansoureh Shojaee e o esposo de Nasrin, Reza Khandan. Nos tribunais e nas rúas, Nasrin loitou durante moito tempo polos dereitos das mulleres, nenos, presos LGTB, minorías relixiosas, os xornalistas e artistas e os que afrontan a pena de morte. Foi arrestada en xuño de 2018 por representar a mulleres que protestaban contra a ley do hijab obrigatorio de Irán, e foi sentenciada a 38 anos de prisión e 148 lategazos. Incluso dende o cárcere, seguiu desafiando ás autoridades. Unha petición de Amnistía Internacional pedindo a súa liberación recibiu máis dun millón de firmas de 200 paises.