Skip to main content
Lugo

O luns comeza a instalación da iluminación exterior da pasarela peonil sobre a N-VI

Por 12 Decembro, 2021Decembro 13th, 2021Sin comentarios

Mañá, luns 13 de decembro comezará a instalación da iluminación exterior decorativa da pasarela peonil sobre a N-VI. Nos días anteriores colocouse a funcional como paso previo á entrada en funcionamento da nova dotación.

Os traballos, estenderanse ata o venres e obrigarán a cortar, por quendas, os carrís tanto en dirección A Coruña como en sentido Madrid e o tráfico desviarase polos dous ramais, cara o centro comercial Carrefour e ata a rotonda onde se atopa a gasolineira de Galp (Avda. dos Deportes) en horario laboral diurno, entre as 08:30 e as 20:00 horas, aínda que estes cortes non serán continuados e a circulación se restablecerá en canto rematen os labores.

O Concello, que xa deu conta do aviso á Policía Local e a DXT, indicará as obras coa sinalización oportuna.

Esta nova dotación, que se enmarca na estratexia Dusi Muramiñae e está financiada ao 80% cos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), ten como obxectivo mellorar a conexión da cidade coa contorna fluvial.

Coa súa creación preténdese habilitar un novo itinerario para peóns e bicicletas, favorecendo a continuidade do casco urbano co río Miño, diminuíndo a dependencia do uso do vehículo e incrementando a seguridade e a comodidade das e dos viandantes ao tempo que se atende unha vella demanda da cidadanía lucense.