Skip to main content
Lugo

Aberto o prazo de inscrición para as Aulas Abertas que favorece a conciliación no Nadal

Por 13 Decembro, 2021Sin comentarios

Abre o prazo de inscrición das Aulas Abertas, unha programación que permitirá que as familias poidan compatibilizar as súas obrigas laborais cos períodos non lectivos, e da que se beneficiarán, un total de 120 rapaces e rapazas de Lugo este Nadal.

As familias interesadas en acollerse á programación de Nadal das Aulas Abertas, poderán presentar a súa solicitude a partir de hoxe, ben de xeito presencial – entre as 09:00 e as 13:00 horas no centros de convivencia Uxío Novoneyra e Lamas de Prado, ben a través do enderezo electrónico aulasabertas@lugo.gal para o que poden xa descargar as instancias correspondentes, na páxina web do Concello de Lugo: www.concellodelugo.gal, dentro do apartado Animación Sociocultural (http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/programa-gl-animacion-sociocultural).

As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición e o listado de persoas admitidas publicarase o día 17 de decembro.

A matrícula deberá formalizarse entre os días 20 e 21 de decembro, cubrindo o formulario modelo 603 de pago de taxas efectuando o abono da mesma e entregando o xustificante no centro de convivencia correspondente.