Skip to main content
Lugo

Jesús Burgo gañador do primeiro premio do concurso de fotografía ‘Estampas de Paz e Acougo’

Por 14 Decembro, 2021Decembro 15th, 2021Sin comentarios

Os premios do VII Concurso de fotografía “Estampas de Paz e Acougo” foron entregados no día de onte. Nestes, foi homenaxeado o fotógrafo local Carlos Valcárcel, do que Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, destacou a súa obra, e afirmou “que perdurará na memoria da cidade de Lugo”.

O concurso este ano tivo como temática a simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios. O xurado valorou a calidade técnica e artística das obras, dándoselle unha especial relevancia á captación da sensación de paz e harmonía coa que se impregnan os recintos dos cemiterios. O xurado estivo formado polo fotógrafo Eduardo Ochoa, Serafín Saavedra, encargado do Cemiterio Municipal e Carlos Álvarez, traballador da área de Cultura do Concello de Lugo.

“Serenidade”, de Jesús Burgo, foi a imaxe gañadora dos 600€ do primeiro premio. O segundo premio, con 400€, foi para Ana Cancio, coa imaxe “Coroa de Hedra”. Na terceira posición rematou “Quietude”, de Aída Martín, que levou un premio de 200€.