Skip to main content
Lugo

O BNG reuniuse no día de onte para coordinar as próximas actuacións en Lugo

Por 15 Decembro, 2021Sin comentarios

O Consello Local BNG de Lugo, elixido recentemente, mantivo onte a súa primeira xuntanza para coordinar as actuacións a levar a partir de agora. O novo Responsable Local será Felipe Rivas que sumará as tarefas correspondentes ás da Concellería que dirixe no goberno local de Lugo. O novo Consello Local está formado por un total de 15 persoas e sumarase unha persoa de Galiza Nova.

O novo Consello Local terá como obxecto fundamental a presenza na rúa para demandar necesidades reais que senten as persoas de Lugo. Felipe Rivas: “trátase dunha etapa ilusiónante na que haberá un novo reparto de tarefas e o contacto coa militancia será un dos eixos fundamentais”.

“A primeira actuación do BNG será continuar coa campaña Lugo quere tren” informou o novo responsable local Felipe Rivas. O BNG pediu esta a pedir, na contorna da Praza de Abastos, o apoio da veciñanza para reclamar a modernización da vía Lugo – Coruña, a conexión con Compostela e a recuperación dos servizos eliminados nos últimos anos. “Lugo é a única cidade de Galiza que non ten conexión directa por tren coa capital do país, un agravio que se resolvería cunha obra de 27 quilómetros de vía para conectar as paradas de Curtis e Ordes creando unha traxecto directo desde Lugo a Compostela”, afirmou Felipe Rivas.