Skip to main content
Lugo

Xestur autorizado á segregación de terreos nas Gándaras para facilitar a finalización da Fase I do polígono

Por 16 Decembro, 2021Sin comentarios

A Xunta de Goberno autorizou esta semana a concesión á Xestur dunha licenza de parcelamento no Polígono das Gándaras.

A solicitude, presentada o 8 de outubro, foi resolta pola administración local en tan só 9 semanas “coa maior das dilixencias” para posibilitar a finalización da Fase I deste parque empresarial.

A actuación implica o segregamento da parcela denominada K1.2 de 8.267 m², que dará como resultado dous predios de 4.378 m² (K1.2) e 3.889 m² (K.1.2.2) que terán, respectivamente, unha edificabilidade de 6.567 m² e 5.833’50 m². O primeiro estará localizado fronte ao vial B e o segundo fronte ao vial F, esquina vial B.

Trátase de que Lugo non perda oportunidades económicas nun momento no que, desde o Concello, están a impulsar a captación de investimentos co fin de que se asenten negocios na cidade e se poida crear emprego.

A dilixencia resulta tan necesaria como o mantemento dunha comunicación continúa e constante entrámbalas dúas administración que reverta nun incremento da capacidade conxunta para abordar os retos desta etapa post-covid e que pasan pola recuperación e dinamización económica do municipio e o fortalecemento da sociedade a través da xeración de postos de traballo.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local, autorizou tamén esta semana a readaptación dun edificio en San Pedro, destinado a 6 apartamentos e 3 vivendas, todas de uso turístico(150.644 €), así como a construción dunha instalación de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos, en réxime desatendido, con dous dispensadores para gasóleo e outros dous para gasolina 95, na Avenida Infanta Elena (110.224’60 €).

A primeira das peticións resolveuse no prazo de 4 meses, logo de presentarse o 30 de xullo, e a segunda en pouco máis de medio ano, tras rexistrarse a principios do mes de maio.