Skip to main content
Lugo

A XVIII Edición da Carreira Popular Lugo Monumental obrigará a realizar diversos cortes de tráfico

Por 17 Decembro, 2021Sin comentarios

O vindeiro domingo 19 de decembro terá lugar a XVIII Edición da Carreira Popular Lugo Monumental 2021. Isto supón que diferentes rúas da cidade se vexan afectadas por cortes en varios puntos.

Persoal da organización e a Policía Local participarán nun operativo que acoute mediante valor e elementos de balizamento o circuíto polo que se desenvolverá a proba deportiva co fin de garantir a seguridade dos usuarios e participantes nas vías de influencia.

Dende hoxe procederase á colocación de carteis informativos nos vados afectados polo itinerario da carreira. Como nas edicións anteriores a proba irá encabezada e pechada por persoal da organización identificado como tal que circulará en bicicleta.

O sábado 18 cortarase o tramo da Avenida Ramón Ferreiro anexo á Praza Horta do Seminario as 16:00 h ata o domingo 19 ás 18:00 h e non estará permitido aparcar neste tramo. Como alternativa, os vehículos procedentes da Avenida Ramon Ferreiro, desviaranse por Salvador de Madariaga cara a Praza da Constitución para poder acceder a Ángel López Pérez.

O día domingo 19 ás 09:30h reducirase a un só carril o tramo da Ronda da Muralla, comprendido entre a Rúa do Teatro e a Avenida de A Coruña. A partires das ás 10:00h, os tramos cortados estarán ubicados en: Avenida Rodríguez Mourelo, Ángel López Pérez, Bispo Aguirre, Recatelo, Ronda da Muralla (a altura da Rúa Santiago), Rúa Villalba, Avenida Ramón Ferreiro (a altura da Rúa Cambria). E ás 10:30h procederase ao peche total do percorrido da proba, estando previsto que o evento remate aproximadamente ás 12:30 h.

Unha vez finalice o evento, a excepción do tramo da Avenida Ramón Ferreiro, procederase a reanudar a circulación de novo.