Skip to main content
Lugo

Continúa a campaña informativa para a reciclaxe de vidro en Lugo

Por 22 Decembro, 2021Sin comentarios

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, estivo compartindo coa veciñanza a campaña informativa de reciclaxe de Ecovidrio, que tivo como protagonista unha gran árbore de Nadal formado por 75 miniglús que se instalou na Praza de Abastos.

O Concello de Lugo sumouse a esta campaña para incentivar a recollida e reciclado de vidro, iniciativa que “vai acorde co modelo de cidade sostible na que estamos a traballar, e na que a reciclaxe é un factor clave para reducir o número de residuos e rebaixar a contaminación”, destacou a rexedora, ao tempo que animaba á cidadanía a reciclar durante estas datas de Nadal, unha das de maior consumo de envases de vidro, polo “impacto positivo que ten sobre o medio ambiente”.

Nesta campaña tamén participou Papá Noel e os seus elfos, animando tamén á reciclaxe e explicando as vantaxes da responsabilidade individual no coidado do medio, e dando información sobre como separar correctamente os seus envases de vidro.

Os miniglús foron regalados a veciñanza, así como bolsas de semente de petunias.

Lara Méndez estivo acompañada polo tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, e do xerente de Ecovidrio de Galicia e Asturias, Germán Fernández.