Skip to main content
Lugo

As actividades da Praza de Abastos promoven a compra de proximidade

Por 24 Decembro, 2021Sin comentarios

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, xunto co Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e o concelleiro de Educación, Felipe Rivas, visitaron o Mercado Municipal, onde se están a realizar actividades infantís “para que as nenas e nenos se divirtan mentres os pais e as nais realizan as súas compras na Praza e no Mercado”, explicou Cristina López.

A edil de Participación afirmou que “de cara ao 2022 continuaremos a realizar actividades para animar a toda a veciñanza a realizar as súas compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal”, e engadiu “iniciativas como O noso mercado é un agasallo facilitaron este ano que moitas veciñas e veciños de Lugo se achegasen a realizar as súas compras nestas instalacións históricas”.

Cristina López explicou as partidas orzamentarias para a Praza e o Mercado aprobadas nos orzamentos de 2022. En total, destinaranse 100.000€ para realizar distintas melloras, entre as que se contan a renovación da climatización tanto da praza como do Mercado, “unha demanda que tanto os distintos vendedores e vendedoras como as persoas que compran na Praza de Abastos e no Mercado levan moito tempo realizando”, explicou o Cristina López, que engadiu “seguiremos a potenciar unha instalación que está a ter un gran crecemento, especialmente por parte da xente nova “.