Skip to main content
LugoSarria

Erik Quintela, Jordan Sakho e Maximus visitaron aos xogadores do CB Sarria no Chanto

Por 24 Decembro, 2021Decembro 26th, 2021Sin comentarios

Erik Quintela, Jordan Sakho e a mascota Maximus visitaron ás xogadoras e xogadores do CB Sarriaos breoganistas sauda. Os breoganistas saudaron aos deportistas do club, fixéronse fotografías e asinaron autógrafos no medio dun ambiente festivo no pavillón do Chanto.

Ao acto, organizado no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o CB Breogán manteñen para promover o deporte, asistiron tamén o responsable da Área Social do Breogán, Salva Arco, e o deputado de Deportes, Efrén Castro.

O responsábel provincial destacou “a calorosa benvida que as nenas e nenos do CB Sarria deron ao CB Breogán” e agradeceu a implicación do club breoganista nestas iniciativas que “xeneran ilusión entre os rapaces e rapazas e contribúen a afianzar o seu interese polo deporte”.

CB SARRIA
O club sarriao conta con máis 250 deportistas e 11 equipos participando en competicións federadas, ademais de desenvolver unha importante labor de promoción do baloncesto en centros educativos da comarca de Sarria.

O CB Sarria ten equipos en todas as categorías masculinas e femininas a excepción da sénior feminina