Skip to main content
Lugo

O PP levará ao pleno de mañá unha proposta para mellorar a mobilidade de Fontiñas

Por 29 Decembro, 2021Sin comentarios

O Partido Popular levará ao pleno de mañá dúas propostas a primeira para estudar a construción dun aparcamento en Fontiñas e a segunda unha petición de comparecencia do concelleiro de deportes para que explique os problemas que houbo para a homologación da pista de baloncesto do Palomar.

Con respecto a acción propositiva o Partido Popular solicitará ao Concello de Lugo que, previamente a calquera modificación que afecte á mobilidade e ao estacionamento no barrio de Fontiñas, realice o estudo e obras precisas para a construción dun gran aparcadoiro na Ronda das Fontiñas. O vicevoceiro dos populares matiza que “dito aparcamento debe localizarse na zona máis poboada e comercial do barrio, e como alternativa podería considerarse aproveitar o desnivel do terreo, a continuación do número 129, ou ben na intersección co Carril San Eufrasio (números 99-105)”. Ameijide explica que pola orografía do terreo a parte superior podería quedar a nivel da beirarrúa, permitindo localizar unha gran zona verde cun miradoiro, unha zona de xogos infantís e un parque biosaludable.

Dende as filas populares agardan que este último pleno do ano chegue cun acordo para buscar a mellor fórmula para mellorar a mobilidade desta barrio de Lugo polo que agardan que tanto PSOE como BNG apoien esta proposición.

Esta idea xa se presentou aos veciños e hostaleiros do barrio que aplaudiron a iniciativa xa que suporía un gran avance para rediseñar unha das arterias principais de Lugo, melloraría o aparcamento e xeraría máis zonas verdes”. Os populares consideran que “nestes intres, nos que se están a desenvolver proxectos que poden ser financiados con fondos europeos, procede ter amplitude de miras e a ambición precisa para levar a cabo obras de envergadura que realmente melloren a calidade de vida dos veciños e veciñas da nosa cidade e que senten as bases dun Lugo de futuro. A proposta deste grupo municipal é simplemente facer as cousas con xeito e coa orde precisa para que non sigamos sen rumbo, facendo obras sen un obxectivo claro como o carril bici ou as caldas”.

Tamén maña comparecerá en pleno, a petición do PP, o concelleiro Mauricio Repetto que terá que explicar os motivos que puxeron en risco a homologación da pista do Palomar. Dende o Partido Popular lamentan “a falta de transparencia e as continuas trabas postas polo responsable desta área para acceder á información que afecta as áreas que coordina”. Neste caso, semella que a nosa advertencia de que se corría o risco de perder esta homologación surtiu efecto e o goberno local puxo remedio ao problema.

Dende o Partido Popular piden ao concelleiro de deportes que “non actúe coa oposición á defensiva” engadindo que “é moito máis positivo para os veciños e veciñas de Lugo que en vez de reaccionar de forma hostil contra o PP dedique este esforzo a solucionar os problemas que detectamos e denunciamos de forma pública”.