Skip to main content
Lugo

Os premios Son Muller galardoa ás empresarias e emprendedoras da provincia

Por 30 Decembro, 2021Sin comentarios

Este mércores tivo lugar a cuarda edición dos premios Son Muller, organizados pola Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo (AELU), un acto celebrado no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), no que colaborou a Deputación Provincial cunha achega de 3.500€.

José Tomé subliñou que “os Premios Son Muller estanse convertendo nun referente para visibilizar e poñer en valor o excelente traballo que fan as mulleres da provincia de Lugo no ámbito do emprendemento e da empresa”. “Son unha iniciativa importante que axuda a seguir avanzando cara a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, que contribúe ó empoderamento das mulleres, e que supón un incentivo para que as nenas e as rapazas loiten sempre por acadar as súas aspiracións laborais”.

No acto tamén participaron a deputada de réxime Interior, promoción do territorio e turismo, Pilar García Porto, e o deputado de promoción económica e social, Pablo Rivera Capón, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, representantes da Xunta de Galicia e de Abanca, e a presidenta de AELU, Beatriz Varela.

A Deputación apoia economicamente este certame, co que colabora dende o primeiro momento porque “compartimos plenamente os seus obxectivos”, asegurou o Presidente, destacando que a institución aplica o impacto de xénero en todas as accións que desenvolve. Neste sentido lembrou que, entre outras medidas, a Deputación sacará adiante previsiblemente nos primeiros meses do ano 2022 o primeiro Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da entidade, “un fito que servirá para garantir unha estrutura interna e unhas relacións da institución coa sociedade guiadas pola igualdade de xénero”.

O Presidente subliñou que “estes premios son un recoñecemento do excelente traballo que desenvolven as empresarias da provincia de Lugo e teñen que ser un recordatorio de que debemos seguir avanzando, de que temos que garantir as condicións sociais e económicas que permitan ás mulleres incorporarse en igualdade ó tecido produtivo para aportar todo o seu saber, ilusións e proxectos”.

Tomé Roca felicitou a todas as premiadas e agradeceu o traballo de todas as mulleres que forman parte de AEULU polo “gran traballo que fan durante todo o ano e por impulsar estes premios, “manténdoos a pesar do difícil que o está poñendo a pandemia”.

4.500€ EN PREMIOS
Os premios Son Muller contan con 3 categorías diferentes: Son Emprendedora, Son Empresaria e Son Empresaria rural; entre as que se repartiron un total de 4.500€. Con este certame, a Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia busca promover e defender os valores humanos, sociais e profesionais das mulleres na súa condición de empresarias, favorecendo a integración e o fomento do asociacionismo entre as empresarias, emprendedoras, executivas e directivas de empresas.