Skip to main content
Monterroso

Monterroso convoca o II Concurso de Decoración de Nadal 2021

Por 6 Decembro, 2021Decembro 7th, 2021Sin comentarios

O Concello de Monterroso organiza o II Concurso de Decoración de Nadal 2021. Esta campaña ten como finalidade amosar as obras anónimas de decoración que realizan os veciños do Concello, coincidindo coas datas de Nadal e en ningún momento ten finalidade comercial.

Con esta actividade dende o goberno local buscan dinamizar a participación activa dos cidadáns, colaborar en infundir un ambiente do nadal decorado baseado no traballo común, na fraternidade e na cooperación, contribuír ao aforro enerxético en torno a materiais de decoración do nadal e dispoñer de elementos decorativos que aporten á localidade un entorno acolledor e ilusionante. Tamén busca dar protagonismo activo aos cidadáns, colectivos e empresas e fonte de desenvolvemento e intervención comunitaria na sociedade. Ademais de fomentar o uso de materiais reciclables como recurso educativo á cidadanía a través da transformación do espazo.

Este concurso contará con catro categorías
Familiar na que poderán participar todos os veciños do Concello de Monterroso que teñan vivendas con balcóns, ventás, fachadas, portas, terrazas ou xardíns exteriores que poidan ser decorados.

Comercial na que poderán participar empresas privadas localizadas en Monterroso e que realicen a súa montaxe dentro do termo municipal. Estas poderán ser montaxes interiores, escaparates ou fachadas.

Comunitaria na que poderán participar Comunidades de Veciños ou Barrios que realicen a súa montaxe no termo municipal de Monterroso.

Asociativa na que poderán participar Asociacións inscritas no Rexistro Municipal de asociacións, no caso de empregar o chan público este será asignado polo concello e non poderá repetir localización se participaron no ano anterior.

O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente do nadal. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo.

Inscricións
Os impresos para as inscricións poderán obterse no Concello ou na web municipal www.monterroso.es ata o 10 de decembro.

O día 12 de decembro será preciso enviar ata un máximo de 3 fotos do elemento decorado, facendo constar no asunto do correo electrónico PARTICIPACIÓN CONCURSO DECORACIÓN DE NADAL, así como o nome da persoa ou entidade participante.

Os premiados serán anunciados na web do Concello de Monterroso. O día 23 de decembro de 2021. E estarán distribuídos en tarxetas moedeiro para consumir en empresas locais.