Skip to main content
Monterroso

A subdelegada do Goberno recibiu a Félix Rodríguez, novo director do CP Monterroso

Por 14 Decembro, 2021Sin comentarios

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, recibiu onte ao novo director do Centro Penitenciario de Monterroso, Félix Rodríguez Fernández, na primeira entrevista que manteñen desde que se fixo cargo do posto.

A subdelegada felicitou a Félix Rodríguez polo seu nomeamento, que se produciu a principios deste mes de decembro e desexoulle os maiores éxitos na responsabilidade que vén de asumir.

O novo director do Centro Penitenciario de Monterroso, que é licenciado en Dereito pola UNED e en Criminoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, pertence á Administración Penitenciaria dende 1997, cando ingresou no Corpo de Axudandes.

En 2018 accedeu ao Corpo Especial de Institucións Penitenciarias e asumiu a Subdirección de Seguridade do Centro Penitenciario de Topas, en Salamanca.

Durante case dez anos formou parte dos grupos de control e seguemento dos centros penitenciarios. Tamén impartiu formación nas últimas promocións de funcionarios do Corpo de Axudantes.

Félix Rodríguez sustitúe no cargo a Antonio Rivera, que logo de 11 anos na dirección do Centro Penitenciario de Monterroso asume a dirección de programas no Servizo de Xestión de Penas e Medidas Alternativas da provincia.