Skip to main content
Monterroso

A V Edición da San Silvestre de Monterroso contará cun percorrido novo

Por 21 Decembro, 2021Sin comentarios

Últimos días para realizar a inscrición a San Silvestre do Concello de Monterroso. Esta quinta edición conta cunha novidade, o percorrido. A distancia será de 4,5 quilómetros adaptados as circunstancias que se están a vivir.

A proba terá lugar o vindeiro 31 de decembro con saída e meta na Praza Conselleiro Fernando Salgado e discorrerá pola contorna da vila.

O ano pasado celebrouse a última edición desta carreira de maneira virtual debido á situación provocada pola pandemia.

Nesta edición, ademais do percorrido tamén se empregará un sistema novo para a cronometraxe dos tempos dos corredores. Farase mediante chip, para poder dar cumprimento a todos os protocolos vixentes sen deixar de outorgar a parte competitiva para todo aquel que así o desexe.

As inscricións pódense realizar en https://correrenmonterroso.es/san-silvestre

Os dorsais poderán retirarse os días 30 e 31 de decembro no Espazo Lorenzo Varela de 9.30 a 13.30 horas ou o día da proba na zona habilitada pola organización ata 45 minutos antes da saída de cada proba.

A proba terá carácter solidario polo que parte do importe da inscrición (5€ para adultos) será empregado en fins sociais para axudar as familias máis desfavorecidas do concellos.