Skip to main content
Monterroso

Alteracións na circulación de Monterroso por mor da V San Silvestre

Por 31 Decembro, 2021Sin comentarios

Por motivo da celebración da V edición da San Silvestre de Monterroso, hoxe, 31 de decembro a circulación nas seguintes rúas verase afectada.

Dende as 15.45 horas ata as 17.45 non estará permitido a circulación nin de animais, nin de vehículos (agás os autorizados pola organización) na praza Conselleiro Fernando Salgado (lado oeste), na rúa José Álvarez Cabana, na praza Circular, na praza do Campo, Camiño Real, na Avenida de Lugo (N-640), beiravía e beirarrúa entre fin de Camiño Real e Travesía terceira da avenida de Lugo, travesía avenida Lugo terceira, praza Liñares, avenida de Constitución, rúa das Arcas, avenida das Neves, estrada a San Breixo, núcleo sur de Sirgal (o vial polo medio das casas entre estrada de San Breixo e Camiño de Lourentín), rúa Piñeiro e rúa Vella.

Non estará permitido estacionar na zona de tránsito pola beiravía dende as 14.00 horas ata que finalice a proba (na avenida de Lugo entre o fin da rúa Camiño Real e a Travesía terceira da avenida de Lugo).

Unha vez pase o vehículo de peche da carreira, o Concello irá reabrindo ao tráfico as rúas afectadas co obxectivo de crear os mínimos efectos negativos aos veciños.